Ola!
Grazas por responder a este cuestionario sobre a accesibilidade á información durante a pandemia de COVID-19. Completalo levarache aproximadamente 10-15 minutos.
O obxectivo final deste estudo é comprender os retos en materia de comunicación aos que se enfrontan as persoas cegas ou con calquera outro tipo de discapacidade visual en diferentes contextos de comunicación nestes momentos de pandemia.
A través desta enquisa, non pretendemos avaliar o coñecemento, a competencia ou as accións levadas a cabo polos participantes en relación cos temas tratados; por exemplo, o uso das redes sociais nos últimos meses. O noso obxectivo é recoller a túa opinión ao respecto.
A túa contribución é moi valiosa para o noso proxecto de investigación. Axudaranos a definir un conxunto de recomendacións prácticas que poidan garantir solucións de comunicación accesibles, no caso de que se produzan crises sociais e de saúde similares no futuro.
Moitas grazas por adiantado pola túa participación.